09. Especial voto rogado e entrevista con Anxo Luxilde



Programa especial sobre o voto rogado e a participación política dos emigrantes nas eleccións. Como convidado, contamos co xornalista e politólogo galego Anxo Luxilde, un dos maiores expertos do estado español nesta materia.


08. O Reino (des)Unido e entrevista con Álvaro Goyanes



No podcast de hoxe falamos dos plans da primeira ministra escocesa de convocar un segundo referendo de independencia e de como o Brexit pode supor a desintegración do Reino Unido tal e como o coñecemos. Na parte da entrevista falamos con Álvaro Goyanes, farmacéutico de Monforte de Lemos que dirixe unha empresa de impresión 3D de medicamentos.


07. Eleccións europeas no UK e entrevista con Celso Sotelo



O Reino Unido e Bruxelas acordaron prorrogar o Brexit até o 31 de outubro, polo que os cidadáns británicos están chamados ás urnas para elixir aos seus diputados no Parlamento Europeo en maio. De como estes comicios afectan aos partidos da illa falaremos neste podcast, no que tamén conversaremos con Celso Sotelo, un transportista de Carballo asentado en Londres e coñecido entre a comunidade galega na illa polo seu servizo de transporte con Galiza, axudando con mudanzas ou traendo provisións de comida made in Gz para matar as saudades.


06. A política de vivenda no UK e entrevista con Iria Carreira



Desde a II Guerra Mundial, a política de vivenda xogou un papel fundamental nos consensos políticos e económicos do Reino Unido, pero está o actual modelo esgotado?
Na parte da entrevista falamos con Iria Carreira, que traballa deseñando modelos en 3D que fan máis doado e eficiente o longo proceso de construír (e manter) distintos tipos de edificios.


05. Nove días para o Brexit e entrevista coa pedagoga Saleta Chao Rivas



Falamos de todos os momentos clave do Brexit que se viviron ao longo dos últimos sete días e comentaremos cal é a situación a nove días da data oficial de saída da Unión Europea. Na entrevista, falaremos con Saleta Chao Rivas, unha pedagoga de Cuntis que traballa en Londres nun proxecto pioneiro de intervención familiar. Con ela tamén analizaremos un problema moi actual no Reino Unido: o das gangs e o incremento dos acoitelamentos.


04. Un novo partido de centro e entrevista coa pianista Tamara Lorenzo Gabeiras



Falamos do Independent Group, un novo movemento poli?tico formado por ex deputados laboristas e conservadores, e comentamos a viabilidade dun partido de centro no Reino Unido. Na parte da entrevista falamos coa pianista e directora musical, Tamara Lorenzo Gabeiras, que nos conta os detalles do seu proxecto Xoven O?pera Galega (XOGA)


03. O ascenso da extrema dereita británica e entrevista con Helena Miguélez Carballeira



Falamos da extrema dereita no Reino Unido, en alza desde que se reavivou o debate sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea, e entrevistamos á directora do Centro de Estudos Galegos en Gales, Helena Miguélez Carballeira. Con ela falaremos do seu traballo na illa, de como a cultura galega actual se adapta aos tempos modernos e da situación xeral que vive unha nación atlántica irmá, Gales, co Brexit á volta da esquina.


02. As contas do Centro Galego de Londres e entrevista con Iago Muíños



Falamos do Centro Galego en Londres, que nas últimas semanas se converteu en noticia despois dun artigo publicado por Iago Muíños, un coruñés residente en Londres, con quen falamos na entrevista. Facemos un repaso polas principais iniciativas promovidas pola comunidade galega no Reino Unido nos últimos anos e falamos das sombras arredor da xestión do centro e do uso que se fai dos cartos públicos que recibe da Xunta. Comentamos todo isto con Iago, quen tamén nos conta a súa experiencia facendo uso da Lei de Transparencia en España e no Reino Unido e nos axudará a comprender o seu traballo como analista cuantitativo nun dos principais bancos da City lodinense.


01. Irlanda do Norte e o Brexit. Entrevista con Adriana Roca



Neste podcast falamos da proposta de acordo entre a UE e Theresa May e dos obstáculos que está atopando para evitar unha fronteira entre Irlanda do Norte e a República de Irlanda.

Na segunda parte entrevistamos a Adriana Roca, investigadora da Universidade de Oxford que nos falará de neurociencia, o sector da investigación no Reino Unido e as consecuencias do Brexit para as universidades.