Monthly Archives: November 2019

23. Conta atrás para as eleccións máis decisivas



Neste podcast falamos das eleccións do 12 de decembro, analizando as principais propostas feitas polos diferentes partidos e a situación das enquisas no ecuador da campaña. Falaremos das diferenzas entre os programas dos tres principais partidos de ámbito británico e achegaremos moito contexto para entender mellor uns comicios que marcarán a unha xeración. O Reino Unido non só se xoga o seu futuro na UE, senón que tamén elixe entre dous tipos de política económica diametralmente opostos.


22. The Bristol Cable: un xornal local con raíces. Entrevista a Inma Gil



Neste episodio falamos do The Bristol Cable, un xornal local cooperativo de Bristol que desde hai anos se fixo famoso pola súa forma de involucrar á comunidade local na toma de decisións e pola súa aposta por un xornalismo de investigación que o levou a acadar recoñecemento a nivel internacional. Tamén entrevistamos a Inma Gil, unha xornalista galega que traballa no departamento de BBC Ideas, da BBC. Con ela falamos da súa experiencia laboral no Reino Unido, do seu tempo no Irak da guerra e do seu traballo promovendo iniciativas entre a comunidade galega emigrada en Londres.