31. Corentena e gasto público contra as múltiples crises do Covid-19



Dez días despois que en Galiza, o Reino Unido decretou oficialmente este luns o confinamento total dos seus cidadáns na casa. A diferenza é que aquí poderase saír facer exercicio durante unha hora ao día e mantendo a distancia social, ademais de saír para facer a compra, ir traballar ou ir ao médico. Neste episodio falaremos das últimas medidas do Goberno de Boris Johnson para controlar a pandemia e do plan económico adiantado polo primeiro ministro e polo Banco Central de Inglaterra para evitar unha crise económica de dimensións colosais. Ademais, entrevistamos a María Longueira, unha enfermeira coruñesa que traballa na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) para adultos do Hospital Universitario de Wales, na cidade de Cardiff.