34. Quen raio é Keir Starmer?



No podcast desta semana falamos de Keir Starmer, o novo líder do partido Laborista. Logo dun logo período de primarias, este xurista londinense foi elixido para substituír a Jeremy Corbyn, pero ao estar o foco de atención no coronavirus, non sabemos demasiado sobre el.


33. Traballadores clave e inmigración no mundo posCoronavirus



No podcast desta semana falamos de inmigración e traballadores clave. Por primeira vez en moito tempo, e a raíz da crise do coronavirus, estase recoñecendo o papel esencial de traballos como os de limpadoras, caixeiras, repartidores de comida ou traballadoras sociais en residencias de anciáns, sectores que no Reino Unido ocupan a unha porcentaxe moi importante de inmigrantes. Suporá esta crise un cambio na política migratoria do Goberno? Levará a experiencia do Coronavirus a que estes sectores recuperen unha certa conciencia de clase que mellore os seus dereitos laborais? Para falar de todo isto, entrevistamos a Mariña Fernández Reino, unha investig


32. Traballar desde a casa despois do coronavirus



Agora que hai tanta xente traballando desde a casa, no Té con Gotas queremos explorar un pouco máis a cuestión do teletraballo. Falamos das nosas experiencias sen ir á oficina e entrevistamos a Alan Felstead, profesor na facultade de ciencias sociais da Universidade de Cardiff e que ten feitas moitas investigacións sobre o traballo desde a casa. Esta é a primeira entrevista que facemos en inglés, así que moitas grazas a Saleta Chao por axudarnos coa dobraxe.


31. Corentena e gasto público contra as múltiples crises do Covid-19



Dez días despois que en Galiza, o Reino Unido decretou oficialmente este luns o confinamento total dos seus cidadáns na casa. A diferenza é que aquí poderase saír facer exercicio durante unha hora ao día e mantendo a distancia social, ademais de saír para facer a compra, ir traballar ou ir ao médico. Neste episodio falaremos das últimas medidas do Goberno de Boris Johnson para controlar a pandemia e do plan económico adiantado polo primeiro ministro e polo Banco Central de Inglaterra para evitar unha crise económica de dimensións colosais. Ademais, entrevistamos a María Longueira, unha enfermeira coruñesa que traballa na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) para adultos do Hospital Universitario de Wales, na cidade de Cardiff.


Episodio 30. Boris contra o Coronavirus



Os nosos ouvintes en Galiza estarán pechados na casa baixo ameaza de multa. Pero aquí no Reino Unido as medidas para loitar contra o coronavirus son máis suaves. É que até hai moi pouco a estratexia do goberno non era máis ca mitigar a expansión da enfermidade, pero sen aspirar a contela. No podcast de hoxe falamos da política do goberno de Boris Johnson sobre o coronavirus e entrevistamos a Natalia Cabana, enfermeira no hospital St George’s do sur de Londres.


28. O Laborismo post-Corbyn. Quen gañará as primarias?



Logo dos malos resultados colleitados polo Partido Laborista, Jeremy Corbyn anunciou que dimitiría como líder en canto se escolle a un substituto ou unha substituta. O movemento laborista, que inclúe tanto ao partido como aos sindicatos, leva inmerso varios meses nunhas primarias que culminarán o 5 de abril, o mesmo día que Galiza escolle o seu parlamento. No podcast desta semana analizamos as tres candidaturas e falamos dos temas clave da campaña.


27. Peñas galegas no Reino Unido: os London Celtas e os RCD London



Neste episodio falamos de fútbol e de como este deporte pode construir comunidade entre os galegos e galegas do Reino Unido. Conversaremos con María Sabarís, voceira da peña celtista London Celtas, e con Sergio Gantes, vicepresidente da peña deportivista RCD London, que nos contarán como botaron a andar ambos colectivos e como a paixón por Celta e Deportivo tamén serve para facer sentir na casa a quen emigra. Atentos ao final, que lles arrincamos un compromiso para este ano…


26. O día no que o Reino Unido marchou da Unión Europea



Logo de case catro anos desde o referendo de 2016, finalmente o Reino Unido sae hoxe da Unión Europea. Neste podcast especial falamos das tarefas que ten por diante o goberno británico neste 2020 e reflexionamos sobre como se cubren estes temas na prensa galega e española.