25. Despois do Brexit chega o Megxit e entrevista con Vuela Más Alto



Hoxe falaremos do culebrón na Casa Real, explicando por que é un problema para a Coroa e cales son os detalles máis peliagudos deste Megxit que leva unha semana ocupando as portadas do país. Na segunda parte, falaremos do polémico cambio de hora do voo de Vueling entre A Coruña e Londres, e entrevistaremos a Álvaro Fernández, da plataforma Alvedro Vuela Más Alto.


24. Benvidos a Borisland



Neste episodio analizamos o resultado das eleccións británicas do pasado xoves 12 de Decembro, nas que o partido Conservador de Boris Johnson gañou con maioría absoluta. Falaremos da caída do muro vermello das Midlands, zona tradicionalmente laborista que nalgunhas circunscripcións terá deputado conservador por primeira vez, do avance electoral do SNP, que arrasou en Escocia, e do nacionalismo irlandés, que por vez primeira sacou máis deputados que o unionismo en Irlanda do Norte. Por que aconteceu todo isto? En que situación queda o país agora? Son algunhas das preguntas ás que trataremos de dar resposta neste episodio.


23. Conta atrás para as eleccións máis decisivas



Neste podcast falamos das eleccións do 12 de decembro, analizando as principais propostas feitas polos diferentes partidos e a situación das enquisas no ecuador da campaña. Falaremos das diferenzas entre os programas dos tres principais partidos de ámbito británico e achegaremos moito contexto para entender mellor uns comicios que marcarán a unha xeración. O Reino Unido non só se xoga o seu futuro na UE, senón que tamén elixe entre dous tipos de política económica diametralmente opostos.


22. The Bristol Cable: un xornal local con raíces. Entrevista a Inma Gil



Neste episodio falamos do The Bristol Cable, un xornal local cooperativo de Bristol que desde hai anos se fixo famoso pola súa forma de involucrar á comunidade local na toma de decisións e pola súa aposta por un xornalismo de investigación que o levou a acadar recoñecemento a nivel internacional. Tamén entrevistamos a Inma Gil, unha xornalista galega que traballa no departamento de BBC Ideas, da BBC. Con ela falamos da súa experiencia laboral no Reino Unido, do seu tempo no Irak da guerra e do seu traballo promovendo iniciativas entre a comunidade galega emigrada en Londres.


21. Eleccións o 12 de Decembro: claves para entender unha batalla histórica



Neste episodio comentamos a convocatoria de eleccións no Reino Unido para o 12 de decembro. Analizaremos como chegamos aquí, que amosan as sondaxes até o de agora e cales serán as claves dunha batalla política que pode marcar o futuro do UK durante as próximas décadas.


[Té Sen Gotas #04]. O novo Brexit de Boris avanza ao ralentí



Neste episodio comentamos os detalles do acordo ao que Boris Johnson chegou coa Unión Europea e as últimas novidades na súa tramitación na Cámara dos Comúns, que está indo máis lenta do que ao primeiro ministro lle gustaría a raíz da ausencia dunha maioría ao seu favor.


20. Semana decisiva para o Brexit. Versión 14.



Contra todo prognóstico, as conversas entre o goberno de Boris Johnson e a Unión Europea están indo mellor do agardado. É posíbel, aínda que non seguro, que haxa un acordo antes do 31 de outubro. En calquera caso, as mesmas cuestións seguen abertas: terá a aprobación do parlamento? Haberá eleccións? E un segundo referendo? De todo isto falamos no podcast desta semana.


19. O Green New Deal e entrevista con Adrián Búa



No Reino Unido leva tempo falándose do Green New Deal, unha proposta de investimento masivo para reestruturar a economía e eliminar as emisións de dióxido de carbono. Recentemente foi aprobado como política oficial do Partido Laborista, pero leva tempo desenvolvéndose en diversos think tanks progresistas. No programa de hoxe falamos un pouco dos detalles desta proposta e entrevistamos a Adrián Búa, profesor universitario e investigador especializado en políticas públicas.


[Té Sen Gotas #03]. O Supremo anula a suspensión do Parlamento promovida por Boris



Neste episodio comentamos a sentenza do Tribunal Supremo do Reino Unido, que declarou ilegal a suspensión do parlamento británico promovida polo primeiro ministro Boris Johnson o pasado 9 de setembro. A sentenza fará que a actividade parlamentar se retome a partir deste mércores.


18. Traballar na enfermaría en Galiza e no UK



Practicamente todo galego ou galega que vive no Reino Unido coñece a alguén que traballe no sector da enfermaría. Unha profesión que en Galiza está moi precarizada e que ten grande demanda no UK, xunta todas as papeletas para que moitos profeisonais fagan as maletas e proben sorte na illa.

Neste podcast entrevistamos a Seve Filgueiras, enfermeiro galego traballando en Londres, e a Érika González, voceira de Enfermeiras Eventuais en Loita.