Monthly Archives: March 2020

31. Corentena e gasto público contra as múltiples crises do Covid-19



Dez días despois que en Galiza, o Reino Unido decretou oficialmente este luns o confinamento total dos seus cidadáns na casa. A diferenza é que aquí poderase saír facer exercicio durante unha hora ao día e mantendo a distancia social, ademais de saír para facer a compra, ir traballar ou ir ao médico. Neste episodio falaremos das últimas medidas do Goberno de Boris Johnson para controlar a pandemia e do plan económico adiantado polo primeiro ministro e polo Banco Central de Inglaterra para evitar unha crise económica de dimensións colosais. Ademais, entrevistamos a María Longueira, unha enfermeira coruñesa que traballa na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) para adultos do Hospital Universitario de Wales, na cidade de Cardiff.


Episodio 30. Boris contra o Coronavirus



Os nosos ouvintes en Galiza estarán pechados na casa baixo ameaza de multa. Pero aquí no Reino Unido as medidas para loitar contra o coronavirus son máis suaves. É que até hai moi pouco a estratexia do goberno non era máis ca mitigar a expansión da enfermidade, pero sen aspirar a contela. No podcast de hoxe falamos da política do goberno de Boris Johnson sobre o coronavirus e entrevistamos a Natalia Cabana, enfermeira no hospital St George’s do sur de Londres.