Monthly Archives: October 2019

21. Eleccións o 12 de Decembro: claves para entender unha batalla histórica



Neste episodio comentamos a convocatoria de eleccións no Reino Unido para o 12 de decembro. Analizaremos como chegamos aquí, que amosan as sondaxes até o de agora e cales serán as claves dunha batalla política que pode marcar o futuro do UK durante as próximas décadas.


[Té Sen Gotas #04]. O novo Brexit de Boris avanza ao ralentí



Neste episodio comentamos os detalles do acordo ao que Boris Johnson chegou coa Unión Europea e as últimas novidades na súa tramitación na Cámara dos Comúns, que está indo máis lenta do que ao primeiro ministro lle gustaría a raíz da ausencia dunha maioría ao seu favor.


20. Semana decisiva para o Brexit. Versión 14.



Contra todo prognóstico, as conversas entre o goberno de Boris Johnson e a Unión Europea están indo mellor do agardado. É posíbel, aínda que non seguro, que haxa un acordo antes do 31 de outubro. En calquera caso, as mesmas cuestións seguen abertas: terá a aprobación do parlamento? Haberá eleccións? E un segundo referendo? De todo isto falamos no podcast desta semana.


19. O Green New Deal e entrevista con Adrián Búa



No Reino Unido leva tempo falándose do Green New Deal, unha proposta de investimento masivo para reestruturar a economía e eliminar as emisións de dióxido de carbono. Recentemente foi aprobado como política oficial do Partido Laborista, pero leva tempo desenvolvéndose en diversos think tanks progresistas. No programa de hoxe falamos un pouco dos detalles desta proposta e entrevistamos a Adrián Búa, profesor universitario e investigador especializado en políticas públicas.