Monthly Archives: September 2019

[Té Sen Gotas #03]. O Supremo anula a suspensión do Parlamento promovida por Boris



Neste episodio comentamos a sentenza do Tribunal Supremo do Reino Unido, que declarou ilegal a suspensión do parlamento británico promovida polo primeiro ministro Boris Johnson o pasado 9 de setembro. A sentenza fará que a actividade parlamentar se retome a partir deste mércores.


18. Traballar na enfermaría en Galiza e no UK



Practicamente todo galego ou galega que vive no Reino Unido coñece a alguén que traballe no sector da enfermaría. Unha profesión que en Galiza está moi precarizada e que ten grande demanda no UK, xunta todas as papeletas para que moitos profeisonais fagan as maletas e proben sorte na illa.

Neste podcast entrevistamos a Seve Filgueiras, enfermeiro galego traballando en Londres, e a Érika González, voceira de Enfermeiras Eventuais en Loita.


[Té Sen Gotas #02]. Cummings, a man escura detrás do Brexit



Neste episodio falamos de Dominic Cummings, principal asesor de Boris Johnson e exdirector de campaña de Vote Leave, unhas das plataformas a favor do Brexit no referendo de 2016. A el se lle atribúe parte do mérito no resultado daquela consulta así como a liña dura mantida polo Goberno baixo o mandato de Boris.


17. Boris perde o Parlamento e eleccións á vista.



Repasamos a última hora en Westminster, explicando a votación gañada pola oposición na Cámara dos Comúns para pospoñer a data do Brexit tres meses máis e o intento fallido de Boris de convocar eleccións anticipadas para o 15 de outubro, dous días antes da cimeira definitiva con Bruxelas para salvar un acordo que evite un No Deal.