Monthly Archives: February 2019

03. O ascenso da extrema dereita británica e entrevista con Helena Miguélez Carballeira



Falamos da extrema dereita no Reino Unido, en alza desde que se reavivou o debate sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea, e entrevistamos á directora do Centro de Estudos Galegos en Gales, Helena Miguélez Carballeira. Con ela falaremos do seu traballo na illa, de como a cultura galega actual se adapta aos tempos modernos e da situación xeral que vive unha nación atlántica irmá, Gales, co Brexit á volta da esquina.


02. As contas do Centro Galego de Londres e entrevista con Iago Muíños



Falamos do Centro Galego en Londres, que nas últimas semanas se converteu en noticia despois dun artigo publicado por Iago Muíños, un coruñés residente en Londres, con quen falamos na entrevista. Facemos un repaso polas principais iniciativas promovidas pola comunidade galega no Reino Unido nos últimos anos e falamos das sombras arredor da xestión do centro e do uso que se fai dos cartos públicos que recibe da Xunta. Comentamos todo isto con Iago, quen tamén nos conta a súa experiencia facendo uso da Lei de Transparencia en España e no Reino Unido e nos axudará a comprender o seu traballo como analista cuantitativo nun dos principais bancos da City lodinense.


01. Irlanda do Norte e o Brexit. Entrevista con Adriana Roca



Neste podcast falamos da proposta de acordo entre a UE e Theresa May e dos obstáculos que está atopando para evitar unha fronteira entre Irlanda do Norte e a República de Irlanda.

Na segunda parte entrevistamos a Adriana Roca, investigadora da Universidade de Oxford que nos falará de neurociencia, o sector da investigación no Reino Unido e as consecuencias do Brexit para as universidades.